Invitación Torneo Alevín/Benxamín Poio 2014

Poio, 11 de marzo de 2014



Sr. Presidente:

         Pola presente, invitamos ó clube que vostede preside a participar no XTORNEO CONCELLO DE POIO DE FÚTBOL- 8 ALEVÍN e BENXAMÍN para rapaces nados nos anos 2002-03(ALEVÍNS) 2004-2005 (BENXAMÍNS) e que se celebrará os días  7 e 8  de xuño de 2014  no ESTADIO MUNICIPAL DE A SECA (campo de herba) e no CAMPO MUNICIPAL DE A REIBOA. O regulamento que se aplicará será o oficial da R.F.E.F. na modalidade de fútbol 8. Nesta edición os BENXAMÍNS xogarán o 7 de xuño (sábado) e os ALEVÍNS o 8 de xuño (domingo). Cada categoría terá un máximo de 32 equipos.
         A data final de inscrición  será o 22 de maio de 2014 e ésta realizaráse chamando o teléfono 685.18.88.38 ,  ou no correo eléctrónico  edpoio@yahoo.es

CONDICIÓNS

1.     Para participar no torneo, a cuota de inscrición será de 75 euros por clube ( un mesmo clube pode participar cos equipos que desexe), que deberán ingresar na conta de NOVACAIXAGALICIA nº 2080-5419-93 3000151738.
2.     Os costes de inscrición, cubrirán os dereitos de campo, arbitraxes, material propio da organización, así como todo o que se lle facilite aos xogadores.
3.     Cada equipo poderá presentar un máximo de 14 xogadores, que non poderán ser reemplazados unha vez comezado o torneo, tendo que presentar unha relación cos seus datos ante a organización, asinándosele un dorsal fixo para la disputa de tódolos partidos e acreditando a súa idade coa Licenza Federativa ( SÓLO VALERÁ A LICENZA FEDERATIVA EN VIGOR DILIXENCIADA POLA F.G.F., A FAVOR DO CLUBE PARTICIPANTE, COMO DOCUMENTO ACREDITATIVO. DITA LICENZA SE ENTREGARÁ Á ORGANIZACIÓN ANTES DE EMPEZAR O TORNEO.)
4.     Cada equipo atenderá a súa vestimenta deportiva, desprazamento, gastos de estancia e comida.


          Agardando contar coa participación dese distinguido clube, aproveitamos    a ocasión para enviarlle un cordial saúdo

COMUNICADO DA DIRECTIVA


COMUNICADO DA DIRECTIVA

A  directiva do clube, en reunión celebrada o pasado día 22 de Novembro, tomou a decisión de presentar a dimisión o remate da presente tempada 2013/2014.

Polo tanto, toda aquela persoa ou persoas interesadas en coller a dirección do clube, poden empezar a xestionar a súa presentación como relevo da actual directiva.


Cuntis, 30 de Novembro de 2013.

SERVICIOS DE FISIOTERAPEUTA

FISIOCALDAS
C/ José Salgado, 41-1ºE
Caldas de Reis
Tfno. 986.540.308


Powered by Blogger